Venres. 13.09.2024
El tiempo

Buño terá unha senda peonil ata a Casa do Oleiro

Buño terá unha senda peonil ata a Casa do Oleiro
Obras para a Senda Peonil de Buno-Malpica

Xa sabemos o que nos gusta andar polas parroquias, mesmo ao anoitecer. E esas perigosas estampas dun grupo de señoras andando con apenas un chaleco necesitan solución. As sendas peonís, se ben non eximen de levar chaleco reflectante, si que proporcionan certa seguridade aos peóns.

Así, xa comezaron as obras da senda peonil que une o centro de Buño coa Casa do Oleiro e, no futuro, co novo centro de saúde. Onte tivo lugar a firma da acta de replanteo das obras da senda peonil de Buño á Casa do Oleiro. A obra, incluída no Fondo de Compensación Ambiental da Xunta, ten un orzamento de 31.675,68 euros e un prazo de execución de tres meses.

A nova senda peonil, cunha lonxitude aproximada de 230 metros liñais, contribuirá de forma decisiva a mellorar a comunicación entre o núcleo urbano e os edificios administrativos da Casa do Oleiro, onde se ubican o consultorio médico e correos, entre outros servizos administrativos, e o Centro Comarcal, para o cal o goberno municipal de Malpica está preparando un plan de usos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios