![Porto de Malpica nocturna]()
Imaxe nocturna do Porto de Malpica
Tres embarcacións de pesca que estaban atracadas no peirao de Malpica de Bergantiños resultaron afectadas por un incendio que se orixinou arredor da 01:20 desta madrugada. O lume iniciouse nunha chalana duns sete metros de eslora provista de cabina e ponte de nome “Pepis”, pero, rapidamente, as lapas estendéronse a unha segunda embarcación, “Chaparrita”, de seis metros de eslora e características similares, e ambas resultaron totalmente calcinadas. Houbo unha terceira, a “Kilmas Malpica”, que tamén sufriu danos, pois o lume alcanzou a ponte da embarcación.
As forzas da orde tratan, arestora, de esclarecer as circunstancias que rodearon este suceso. Os particulares que chamaron ao CAE 112 Galicia para informar da situación aseguraron que previamente ao incendio se escoitaron algunhas explosións. Para atallar as lapas, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Carballo e aos membros do GES de Ponteceso. Tamén, se solicitou a presenza das forzas da orde locais e estatais e dos membros do servizo de Portos de Galicia.
Fonte