Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Cañizo propón un proxecto de renovación integral do alumeado público de Malpica

Alumeado publico Malpica
Cañizo propón un proxecto de renovación integral do alumeado público de Malpica

O concelleiro de Servicios no Concello de Malpica de Bergantiños, Alfredo Cañizo, quere lanzar un comunicado en relación aos continuos cortes no alumeado público, que seguen moi vixentes a pesar dos investimentos en renovación do pasado 2018 e 2017. Un escrito no que comeza pedindo “desculpas a todos os veciños”, e que asegura que, como prometeu en campaña, este vai ser un asunto de vital importancia nesta lexislatura. “É hora de tomar medidas nun problema tan grave que nos está a afectar a todos”, afirma con rotundidade.

”Por eso dende a Concelleria de servicios que represento preséntase o proxecto de renovación integral de todo o alumeado publico do noso Concello, coa renovación de máis de 3.000 mil puntos de luz que existen na actualidade, utilizando a última tecnoloxía en iluminación, o led, que non soio reducirá o consumo enerxético, que se estima en máis dun 55 por 100, senón que ademáis reducirá as emisións de CO2, e renovarase todo o cableado, además da sustitución da maior parte dos postes que se atopan deteriorado pola inclemencias e sobor de todo polo paso do tempo.”

Cañizo, despois de presentarlle o proxecto a todos os partidos políticos que integran a Corporación Municipal, espera que teña consenso e se leve adiante.

Comentarios