Martes. 16.04.2024
El tiempo

A comedia «Feminíssimas» arrasou en Malpica

Teatro Feminisimmas 2
A comedia «Feminíssimas» arrasou en Malpica

O programa polo 25N rematou en clave teatral en Malpica. Ademais do vídeo realizado tomando ás Asociacións como protagonistas, o auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu a última hora da tarde do sábado representación “Feminissimas”, de STE Xeito Producións XVIII, unha comedia feminista interpretada por Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que expuxeron tres maneiras de entender o feminismo.

O vindeiro venres, 2 de decembro, (Centro Cívico, 20.30 horas) será a quenda doutra cita coa comedia dramática na que a compañía Rebordelos nos representará a obra "Amantis". Colabora nesta iniciativa a Deputación da Coruña e a concellería de Cultura do Concello de Malpica. 

Comentarios