Xoves. 25.02.2021
El tiempo

Concello de Malpica e Deputación renovan o acordo para a xestión do Ecomuseo Forno do Forte

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Malpica, Walter Pardo, asinaron hoxe o convenio de colaboración para o 2021 nun acto no que estiveron tamén o deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Luis Penas e a concelleira Leticia Varela.

Paralelo ao proxecto de remusealización que convertirá no “gran museo da olería galego”, chega tamén o proxecto de xestión. Deputación e Concello de Malpica renovaron o acordo para xestionar o Ecomuseo do Forno do Forte de Buño en 2021.

A Deputación aporta 70.000€ e o Concello. como en anos anteriores dende 2006, seguirá promovendo actividades culturais nas instalacións para dinamizar a tradición artesá, así como á conservación e mantemento das instalacións do Forno do Forte.

En canto ao horario de atención ao público, o Ecomuseo deberá permanecer aberto como mínimo todos os días da semana agás os luns, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Novas relacionadas

comentarios