venres. 06.06.2025
El tiempo

O Concello de Malpica pide apoio á Xunta para continuar o proxecto da Croa do Castro

Noelia Freijeiro e Eduardo Parga co Conselleiro de Cultura
Noelia Freijeiro e Eduardo Parga co Conselleiro de Cultura
O Concello de Malpica pide apoio á Xunta para continuar o proxecto da Croa do Castro

A concelleira de Cultura Noelia Freijeiro e o alcalde de Malpica Eduardo Parga, mantiveron onte unha xuntanza co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Os representantes do goberno malpicán trasladáronlle os principais proxectos para os que buscan apoio económico do ente autonómico, como son a Croa do Castro e a posta en valor dos Centros Culturais do concello.

Teremos que esperar para ver en que se traduce o apoio dun Conselleiro que valorou a posta en valor do patrimonio, con accións de dinamización da cultura, con propostas para o impulso da lingua galega e tamén con aquelas encamiñadas ao apoio á mocidade deste municipio da Costa da Morte.

Polo de pronto, o complexo arqueolóxico da Croa do Castro viviu o ano pasado un interesante impulso, pero ten un mundo por diante.

Comentarios