As Costas da Morte en FITUR (VI): A Olería de Buño non faltou
- As Costas da Morte en FITUR (I): O ciclismo como motor turístico.
- As Costas da Morte en FITUR (II): Camariñas, Cee, Muxía e Vimianzo no stand Turespaña.
- As Costas da Morte en FITUR (III): 4 formas de vivir intensamente.
- As Costas da Morte en FITUR (IV): Muxía une lazos con Paradores.
- As Costas da Morte en FITUR (V): A Ruta do Xallas e a MZ, e Solpor tamén estiveron en FITUR

Non faltou a Feira Internacional de Turismo a Olería de Buño. A concelleira de Cultura e Olaría, Leticia Varela, foi a embaixadora malpicá e puido intercambiar impresións coas persoas integrantes da Asociación Española das Cidades da Cerámica, entre os que estaban Xavier Morant, vicepresidente da asociación, e María Jesús Pérez, concelleira de Artesanía de Talavera de la Reina.
O obxectivo destes encontros non foi outro que o intercambio de ideas, así como amosar a posta en valor que en Buño se fai coa olaría. Á súa vez, estase proxectando que unha das próximas asembleas nacionais da Asociación Española das Cidades da Cerámica sexan en Buño.
Outro dos temas centrais foi a sustentabilidade, eixo sobre o que se moverá, ou polo de agora así apunta, a artesanía a nivel xeral e a olaría a nivel particular nos vindeiros anos. A concelleira quixo salientar “o enriquecedor que é para nós participar en FITUR, un dos eventos máis importantes a nivel mundial, que serven non só para expandir a nosa cultura, senón para ampliar coñecementos e importar tamén novas ideas para aplicar, e aumentar en maior grao, si cabe, o coidado e o tratamento aplicado ao noso”.