Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Cultura, deporte, gastronomía e diversión maridan no Entroio de Malpica

Entroido Malpica 2022 Concurso
Cultura, deporte, gastronomía e diversión maridan no Entroio de Malpica

O Concello de Malpica vai debullando o programa do Entroido 2022, en colaboración coas distintas entidades deportivas e culturais da localidade, como nos explicaba a concelleira Noelia Freijeiro. Cultura, deporte e gastronomía maridarán de luxo para ofrecer un programa completo.

A gran cita será o domingo 27 deste mes, cando se leve a cabo un concurso de comparsas. Ás 18:00 horas celebrarase o desfile polas rúas da vila de Malpica e, ás 19:00, será a entrega de premios na Praza Anselmo Villar Amigo. Haberá dúas categorías. A xeral (a partir de 13 anos) contará con tres premios en vales para mercar nos establecementos do pobo. Un primeiro será de 200 euros; un segundo, de 120, e un terceiro, de 80. Pola súa parte, na infantil (de 0 a 12 anos), tod@s @s participantes recibirán un agasallo e haberá un galardón especial para o mellor disfrace.
As inscricións realizaranse a partir das 18:00 horas desa mesma xornada na Praza Anselmo Villar Amigo. Ademais, actuará a charanga Santa Compaña polas rúas.

Deporte e cociña

Entroido Malpica 2022 q

Xa o luns, día 28, disputarase un torneo de fútbol sala a partir das 10:00 horas no pavillón municipal de Malpica. Poderán participar os nenos e as nenas de 7 anos en diante e con previa inscrición na casa consistorial ou no teléfono 981 72 00 01 ata o día 24.

Pola súa parte, o 5 de marzo, o sábado de piñata, os nenos e nenas de entre 7 e 11 anos poderán inscribirse no Obradoiro de Cociña, unha proposta culinaria que achega os segredos dos doces máis típicos destas datas aos máis cativos e cativas da casa.
A partir das 16,30 horas todas as persoas interesadas poderán inscribirse neste obradoiro que se celebrará no mercado municipal. Ás cinco da tarde dará comezo a actividade, que conta con 25 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición.

Máis programas do Entroido

Comentarios