Luns. 06.05.2024
El tiempo

Eduardo Parga presentou a súa proposta de “deixar de lado os enfrontamentos”

PP Malpica 2023 pres 3
Eduardo Parga presentou a súa proposta de “deixar de lado os enfrontamentos”

Multitudinaria presentación a que se viviu este domingo no Centro Cívico de Malpica con Eduardo Parga á cabeza. O alcalde e candidato á reelección nas municipais do vindeiro 28 de maio por parte do PP malpicán, sacou peito da súa xestión e comprometeuse a seguir adiante co seu proxecto contando con todos aqueles que teñan algo que aportar para “mellorar a vida dos veciños”. “Vimos a política a traballar pola nosa xente, deixando de lado os enfrentamentos e buscando sempre o que sexa o mellor para Malpica”.

PP Malpica 2023 pres Eduardo Parga
Eduardo Parga

Sobre os pactos falou o presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo: “O PP só pacta cos veciños, fronte a outros que son capaces de pactar con quen faga falta para que non goberne o PP, sen importar o que necesite a xente ou o que sexa mellor para as súas concellos”, asegurou.
“A nós non no vale con saír a gañar pola mínimo, nós temos que gañar con maioría, pero estamos preparados para iso”, asegurou Calvo.

Nesta mesma líña, o presidente popular detívose no sucedido en Malpica nesta lexislatura, cando Eduardo Parga puido recuperar a alcaldía despois dun período no que “o executivo municipal estivo inmerso en polémicas que pouco tiñan que ver coa vida dos veciños. Se non queremos que se repitan esas situacións debemos unir o voto, sumar máis que ninguén, conseguir goberno fortes, apartados das debilidades das minorías e que se centren só en xestionar”, apuntou o popular.

PP Malpica 2023 pres Lista

PP Malpica 2023 pres

MÁIS NOVAS DAS ELECCIÓNS

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios