En Malpica o surf tamén recolle o lixo


Para que a Costa da Mort se convirta no epicentro do surf da península, unha das cousas imprescindibles é que as nosas praias luzcan impolutas. E se dende as administracións non sempre se poñen aochoio, o sector surfeiro si que asume responsabilidades que non deberían ter que facer.
Este pasado sábado, tocou sesión de limpeza e churrasco na praia de Area Maior, en pleno corazón de Malpica. Alí, membros de Silfocamps estiveron un par de horas cos cubos do lixo recollendo todo clase de material de refugallo. Plásticos, madeiras, aparellos do mundo do mar, cristais... case que 200 kg de lixo os recollidos.
A actividade estivo realizada no marco das propostas da Surf Rider Fundation, que propoñen no sector do surf de todo o mundo actividades sostibles medioambientalmente.
E para rematar a sesión de limpeza, que mellor que un churrasco.
Máis limpezas
Non son os únicos os malpicáns os que coidan as súas praias. Se Nemiña está impoluta gracias aos Tombos, por Razo, dende ArtSurfCamp preparan unha Limpeza da praia de Razo, Carballo, para o vindeiro sábado 23 de abril 2011.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte, o epicentro do surf da península.
- Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
- O Clube de Surf Os Tombos deixou a praia de Nemiña ben limpa .
Máis novas
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Malpica convírtese no epicentro do surf do país.
- Unha curta de surf e Man.
- I Caldeirada Surf: O surf integrado en Malpica.
- Surfeando na praia de Soesto.
- O surf chega a Malpica .
- A bitácora da semana (XCV): Costa da Morte Kayak Surf.
- A bitácora da semana (LXVI): O blog do Clube de Surf Os Tombos.
- A bitácora da semana (IV): Surf na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).