A Feira Mariñeira marida coa Festa Galega na completa finde de Malpica

Xa coa cabeza posta nas diversas Festas do Mar, Malpica celebra esta fin de semana unha das máis completas do ano, coa XII Feira Mariñeira de Malpica e a XVI Festa Galega.
A XII Feira Mariñeira
Do 14 ao 17 de agosto, Malpica acolle un completo programa de música, contacontos, espectáculos de lume, pasarrúas e actividades pensadas para todas as idades, no corazón da Costa da Morte.
A rúa Eduardo Vila Fano e o seu mercado mariñeiro serán o epicentro desta viaxe no tempo, onde artesanía, gastronomía e xogos tradicionais acompañarán aos visitantes nun percorrido cheo de cor, música e historias de mares afastados. Entre as propostas máis destacadas, figuran obradoiros de esgrima para pequenos corsarios, pasarrúas con personaxes cheos de vida, actuacións musicais que farán bailar ata ás gaivotas e impactantes espectáculos de lume para pechar cada noite.
O programa arranca o xoves 14 co pregón musical de Piratas de Turdión e o Pescador de Soños, ademais de contos corsarios e melodías piratas ao caer a tarde. O venres 15 e o sábado 16 estarán marcados pola animación de rúa, obradoiros e as esperadas exhibicións de lume, mentres que o domingo 17 despedirá a feira con actividades familiares como pintacaras, tattoos e música en directo.
O mercado manterá o seu horario habitual de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 23:00, cunha ampla oferta para gozar de mañá e tarde.
Xoves 14
- 11:30 – Apertura do mercado
- 18:00 – Piratas de Turdión e o Pescador de Soños
- 19:00 – Contos corsarios
- 20:00 – Melodías piratas
- 22:00 – Sons de Turdión
Venres 15
- 12:00 – Pasarrúas piratas e Capitán sen barco
- 14:00 – Melodías piratas
- 18:00 – Piratas de Turdión e o Pescador de Soños
- 20:00 – Melodías piratas e mariñeiro zancudo
- 22:00 – Espectáculo de lume
Sábado 16
- 12:00 – Pasarrúas piratas
- 19:00 – Obradoiro de esgrima (6-11 anos)
- 20:00 – Melodías piratas e mariñeiro zancudo
- 22:00 – Espectáculo de lume
Domingo 17
- 14:00 – A bordo cos piratas
- 18:00 – Sons de Turdión
- 18:30 – Pintacaras e tattoos
- 20:00 – Melodías corsarias
- 21:30 – Piratas de Turdión
AXVI Festa Galega os días 15 e 16 de agosto de 2025
O porto de Malpica de Bergantiños, na zona do Travelift, converterase de novo no epicentro da música e tradicións de Galicia coa celebración da XVI Festa Galega, unha cita que cada verán reúne a artistas, agrupacións e amantes da cultura popular.
O evento desenvolverase durante dúas xornadas, o venres 15 e o sábado 16 de agosto, con actuacións de balde que combinarán música tradicional, cantareiras entre outras propostas, con grandes nomes da música galega sobre o escenario do porto.
Venres 15 de agosto
- 21:30 h – Cantareiras ACD Carcaxía
- 22:00 h – Cantareiras AC Malante
- 22:30 h – Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre
- 00:15 h – Alana
Sábado 16 de agosto
- 22:00 h – Cantareiras AC Raigañas
- 22:30 h – Do Rivés
- 23:00 h – Mercedes Peón co espectáculo Ingrávida
- 00:15 h – Tanto Nos Ten