Venres. 29.03.2024
El tiempo

O irmandamento das Malpicas

Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo consolidan a súa irmandade
O edil Miguel Fdez., o alcalde Eduardo Parga, o alcalde de Malpica de Tajo Santiago Huertas e o teniente alcalde Alfredo Cañizo no acto de irmandamento
O irmandamento das Malpicas

Asinado o convenio de irmandamento entre os Concellos de Malpica de Tajo e Malpica de Bergantiños. Unha expedición galega viaxou á vila toledana para concretar un feito polo que o tenente alcalde, Alfredo Cañizo, leva loitando desde hai anos.

Arredor de 2.000 persoas asistiron o sábado ao acto para asinar a carta na que se comprometeron a favorecer a creación de lazos de amizade entre os dous pobos, a dialogar e intercambiar experiencias, a promover o intercambio entre veciños para desenvolver o sentimento de fraternidade e a promover os valores universais que constitúen a liberdade, a democracia, a igualdade e o Estado de dereito.

Quedan en ren os 700km que separan as dúas malpicas neste "día histórico”, como destacou Parga. Cañizo, pola súa parte, deu un emotivo discurso lembrando a Jesús Cedena, ex alcalde de Malpica de Tajo que faleceu recentemente e que segundo conta Cañizo, "foi o primeiro contacto con este pobo". Cañizo está moi agradecido a un pobo "bonito, acolledor e que ten artesanía de Buño por todas partes porque sempre lle traio algún recordo”.

Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo consolidan a súa irmandade 2

Tamén houbo unha degustación de comida tradicional e unha demostración de baile: por unha banda, o folclore da zona de Toledo, da man de Aires de Ronda, e, por outra banda, amenizaron a xornada os gaiteiros coruñeses da Asociación Donaire.

Outras novas sobre Irmandamentos

Comentarios