Luns. 27.01.2020
El tiempo

A IV edición da San Silvestre de Malpica celebrarase o derradeiro día do ano

Imaxe dunha das edicións da San Silvestre malpicá.
Imaxe dunha das edicións da San Silvestre malpicá.
A IV edición da San Silvestre de Malpica celebrarase o derradeiro día do ano

O Concello de Malpica despedirá o ano coa celebración da IV edición da San Silvestre malpicá, na que participarán aorredor de 500 persoas. A saída terá lugar ás 12:00 horas, camiñando ata o punto de inicio, no paseo marítimo. Por primeira vez, a meta estará situada na praia de Area Maior.

O único requisito para participar é vestir unha indumentaria típica do Nadal ou do Entroido, constituíndo unha estampa moi característica destas datas. Ata cincocentas persoas despedirán o ano coa faceta máis divertida do deporte.

San Silvestre Malpica 2

Quince minutos antes da proba absoluta, na que se desputarán as categorías masculina, feminina e homenaxe, a rapazada correrá polas principais rúas da vila. Ao final haberá unha entrega de premios, así como música en directo, a cargo do dúo Calú, txacolí, ribeiro e empanada.

Categoría homenaxe

Como curiosidade, nesta categoría desde que se vén promovendo a San Silvestre de Malpica, renderáselle homenaxe a unha personalidade, e será sorpresa ata o mesmo día. Haberá sorteos, tamén ao remate, dunha cesta valorada en 250 euros, e as camistas do Básquet Coruña, o Breogán e do Liceo.

Desde o Concello, agradecen a Serocio, con Sergio Tomé á cabeza, a xestión desta proba, que alcanza a cuarta edición pero agardan "que sexan moitas máis".

Comentarios