Limpocean e o Concello de Malpica convocan unha limpeza na praia de Beo
Están sendo unha das actividades medioambientais máis demandadas pola comprometida veciñanza, e as organizacións naturalistas. Vímolo no esteiro do Anllóns o pasado sábado, e verémolo de novo este sábado na praia de Beo.
Desta volta é a entidade LimpOcean a que, en colaboración coa a Concellaría de Obras Públicas e Medio Ambiente do Concello de Malpica, que dirixe Miguel Ángel García, organizan unha limpeza na praia de Beo.
A cita será o sábado día 5, de 11:00 a 13:30 horas, co obxectivo de recoller todo o lixo para, logo, clasificalo.
Para poder participar tan só é necesario anotarse en [email protected], enviando o nome completo, o DNI e un teléfono de contacto, e levar e usar a máscara anticovid.
No areal haberá todo o material de limpeza necesario para desenvolver a acción medioambiental. Incluso ponchos por se chove.