Luns. 09.09.2024
El tiempo

Malpica acolle a exposición Fotoxornalismo Coruña 2014

Malpica acolle a exposición Fotoxornalismo Coruña 2014
O Centro Cívico de Malpica acolle ata o vindeiro día 16 de xuño a interesante exposición Fotoxornalismo Coruña 2014. A mostra recolle instantáneas da vida cotiá da cidade da Coruña, principalmente, desde o punto de vista dun fotoxornalista. Así, César Delgado, César Quián, Javier Alborés, Marta Capote, Pedro Puig e Torrecilla, todos eles recoñecidos fotógrafos de diversos medios de comunicación coruñeses, son os protagonistas das 21 imaxes que integran a mostra. Fotoxornalismo Coruña 2014 é unha iniciativa da Deputación Provincial da Coruña que amosa a un furtivo traballando na ría do Burgo nun día de néboa, ao Premio Nacional de Fotografía Alberto García-Álix, estampas da cabalgata de Reis ou o salón de plenos de Betanzos convertido no escenario dun espectáculo da Feira Medieval. A mostra ten tamén espazo para reivindicar o traballo dos médicos ou para denunciar o abandono animal. Horario Os interesados poden ver a mostra tanto en horario de tarde como de mañá no espazo expositivo do Centro Cívico malpicán.

Novas relacionadas

Comentarios