![O alumnando dos centros escolares de Malpica participan nuns obradoiros sobre a igualdade]()
O alumnando dos centros escolares de Malpica participan nuns obradoiros sobre a igualdade
Durante estes meses a área de Igualdade do
concello de Malpica de Bergantiños está a desenvolver unha serie de
obradoiros de educación para a igualdade nos centros educativos. Os talleres enmárcanse dentro do programa
Construíndo Igualdade, que ten como principais obxectivos “traballar a sensibilización e a concienciación do alumnado dos centros educativos dende os primeiros anos do seu desenvolvemento vital e así favorecer un cambio de mentalidades dos futuros homes e mulleres da nosa comunidade”, segundo explica a axente de Igualdade, Patricia Vaquero.
Os obradoiros impartíronse durante o mes de outubro no CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño e participou todo o alumnado do centro, dividido por ciclos. Os máis pequenos, do 1º ciclo de primaria, participaron en Contos pola igualdade; os de 2º ciclo, nun taller de corresponsabilidade, e os de 3º ciclo de primaria, en educación para a igualdade.
En novembro será a quenda do CEIP Milladoiro, no que as actividades tamén chegarán a todo o alumnado.
Os obradoiros son impartidos pola axente de Igualdade do Concello de Malpica de Bergantiños, contratada ao abeiro do programa de desenvolvemento de políticas de Igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero da Deputación Provincial da Coruña para o ano 2015.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Malpica