mércores. 07.05.2025
El tiempo

Malpica e Ponteceso suprimen o control do machismo

Malpica e Ponteceso suprimen o control do machismo
socioeducativo Suprime o Control

É novembro o mes no que a violencia de xénero ten máis protagonismo social. A presencia do #25N, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, ocupa boa parte da actividade social e cultural do país. E razóns non faltan para que sexa así, dende logo. Así, se Carballo e Zas se suma á campaña “En negro contra a violencia” da Deputación, e o CIM de Cee convoca io tradicional concurso de carteis, son os Concellos de Malpica e Ponteceso os que se acollen ao programa “Suprime o control” que a Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación desenvolve polos centros de ensino.

O IES Urbano Lugrís recibirá o 7 de novembro a visita da “caravana” educativa da Deputación, mentres que o IES Ponteceso a rebirá o día 9.

O programa destínase ao alumnado de 3ª e 4ª da ESO, as súas familias e ao profesorado e ofrecerá ferramentas coas que traballar pola construción de identidades igualitarias facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución na actualidade por medio das aplicacións móbiles ou as redes sociais.

”Este programa quere que rapazas e rapaces teñan os ollos abertos para detectar a violencia machista e, entre outros obxectivo, busca desmitificar o amor romántico para que teñan un desenvolvemento libre e sen relacións de dependencia”, sinala a deputada da ára Ánxela Franco.

Accións para as redes sociais

“Suprime o control” dedicará especial atención ao papel das TICS como ferramentas de relación entre a mocidade poñendo ao dispor unha asesoría en liña continuada para resolver dúbidas. Na rede desenvolveranse tamén novas accións, entre elas un concurso en Instagran, que se promoverá de cara ao 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

“Instagram sen machismo” trasladará a unha das redes sociais máis populares entre a poboación adolescente as conversas sobre violencias machistas dinamizadas nas aulas.

De cara xa o 8 de marzo, desenvolverase un concurso de micro-relatos que abordará os distintos puntos de vista e preocupacións da mocidade sobre as violencias machistas.

Para máis información pódese consultar a web suprimeocontrol.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios