Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica espalla os seus 3 Camiños Xacobeos

mapa da Via Celtica
Mapa da Vía Céltica
Malpica espalla os seus 3 Camiños Xacobeos

O Concello de Malpica conta con tres itinerarios dos camiños de Santiago postos en valor no marco da recuperación da Vía Céltica. Son 3 camiños que nacen nos portos da comarca de Bergantiños: o que parte desde a propia vila de Malpica en dirección a Buño; o que parte de Caión confluíndo co anterior en Buño; e o que parte de Barizo confluíndo en Ponte Dona cos dous anteriores, continuando por Castriz e Carboeiro ata Portomouro e Santiago.

Para por en valor o rico acervo histórico que representan estes camiños así como as súas potencialidades para a integración e desenvolvemento da economía municipal, a Concellería de Patrimonio que dirixe Noelia Freijeiro, organiza a presentación de "Os Camiños de Santiago no Concello de Malpica," que se levará
a cabo o vindeiro sábado 14 de xaneiro, ás 19.30 horas no Centro Cívico de Malpica.

Comentarios