Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Coristanco, Ponteceso e Santa Comba espallan a Vía Céltica

Via Celtica Mapa por Xallas
Via Celtica Mapa por Xallas
Coristanco, Ponteceso e Santa Comba espallan a Vía Céltica

Segue collendo múscula a Vía Céltica. A recuperada vía xacobea que atravesa as comarcas de Xallas e Bergantiños segue dándose a coñecer.

Así acontecía esta pasada fin de semana en Corme. O Museo de Arte Contemporáneo acollía a presentación da Vía da man de Suso Lista coa Via Stella e o autor do libro que recolle a historia da Via, Joam Evans.

PRESENTACIÓN LIBRO VÍA CELTICA-Coristanco

Na mesma liña terá lugar este venres 28 de outubro, ás 19.30h no Salón do Actos do Centro Interxeracional da Rocheira, en Coristanco, unha nova presentación. O propio Evams e o historiador André Pena Granha traen a charla “Vía Céltica, Los Caminos de Santiago por Santa Comba”, acompañdos porManuel Amigo Ferreiro, Presidente da Asociación Costavales, entidade promotora da Vía Céltica.

Peregrinación dende Santa Comba

Ruta Santa Comba Via Celtica

Para visibilizar a vía, o Concello de Santa Comba, a través da súa Concellería de Turismo organiza unha peregrinación por etapas que comezará o vindeiro domingo 30 de outubro e que rematará na Praza do Obradoiro o 20 de novembro, logo de percorrer uns 60 km en total, ainda que se poida disfrurtar de etapas de maneira individual.
A través de 4 etapas, toda a veciñanza xalleira e da contorna pode pereregrinar a Santiago de Compostela a través dos treitos da Vía Céltica que unen a Terra do Xallas e a Capital de Galicia.

A Primeira etapa, o 30 de outubro une Castriz con Santa María de Paramos, en Val do Dubra, logo dun precioso percorrido por sendeiros de gran beleza natural, aproveitando unha variante para visitar a emblemática fonte de Vilamaior, pasando polo antigo Hospital de Peregrinos de Carboeiro na Parroquia de Freixeiro, e adentrándose no Concello de Val do Dubra para rematar na localidade de Paramos, onde se unen os ramais norte e sur da Vía Céltica.
A parte norte da Vía Céltica entra no Concello de Santa Comba desde Coristanco nas inmediacións da Braña da Serra en Boaña, achegándose ó lugar de Hospital, onde está constatada a existencia doutro antigo Hospital de Peregrinos, pasando polas proximidades dos dominios da antiga Fortaleza medieval de Castriz, préto de Xallas de Castriz, onde se ubica a Igrexa parroquial de San Pedro de Castriz, punto de saída desta 1ª etapa.

A segunda etapa, transcurre polo outro ramal da Vía Céltica, o Sur, e unirá as localidades de Vilar de Céltigos e Paramos, na travesía máis longa da peregrinación, o domingo 6 de Novembro.
A vía Céltica, desde os portos da Costa da Morte, entraba na Terra do Xallas, despois de atravesar A Terra de Soneira, pola parroquia de San Xoan de Grixoa, sendo Vilar de Céltigos a súa entidade de poboación máis importante (e a de todo o Concello xalleiro ata comezos do século XX). De Vilar de Céltigos, os camiñantes irán por Mallón, As Antes, atravesarán o río Xallas pola Ponte da Cova, pasarán pos Santa Comba, Salgueiroas, Cruz de Santos, Abuín, para adentrarse na parroquia de Freixeiro por Vilarnovo e, posteriormente achegarse a Paramos.

A 3ª etapa unirá as localidades dubresas de Paramos e Belén, parando por San Román e atravesando o Río Tambre en Portomouro, para subir ata Santa María de Belén, lugar onde está documentado unha miragre cun peregrino fai séculos. Esta etapa, a máis corta do percorrido, terá lugar o domingo 13 de Novembro.

A derradeira etapa da Peregrinación Xalleira irá desde Santa María de Belén ata a Catedral de Santiago, nooutro precioso percorrido que albiscará Compostela desde a zona do Monte Pedroso o domingo 20 de Novembro, onde os participantes poderán asistir á Misa do Peregrino dese día.

As inscricións poden realizarse na páxina web www.santacomba.es.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios