Malpica xa sinaliza a Vía Céltica

Segue gañando promotores a Vía Céltica, o descuberto Camiño Xacobeo que chega ata Bergantiños a través das Terras do Xallas. Desta volta é o Concello de Malpica o que reafirma a súa aposta pola Vía Céltica a través do inicio da sinalización do Camiño.
O goberno local, a través da concellería de Patrimonio, deu comezo ás tarefas de sinalización da vía e programa para despois das festas de Nadal a presentación do paso da vía xacobea por Malpica.
A Vía Céltica permitirá que os camiñantes que partan desde Malpica ou Barizo poidan obter a Compostella.
A Concelleira responsable da área de Patrimonio, Noelia Freijeiro, celebra “poder compartir dun xeito oficial os tesouros do noso Concello con todos os peregrinos que transiten esta vía” e incide compromiso do Concello en “ofrecer unha ruta coa que namorarse de toda a beleza que ofrece Malpica”.
Novas relacionadas
- Maio 22: A Vía Céltica pide o recoñecemento oficial da Xunta
- Decembro 21: A “Vía Céltica” xa é Camiño oficial de peregrinación.
- Setembro 21: Satisfacción na Asociación Costavales ante a boa acollida da presentación da Vía Céltica Xacobea.
- Setembro 21: A Vía Céltica, o Camiño de Santiago que atravesa o altiplano do Xallas.
Artigos relacionados
- Suso Lista: Via Stella.
- Suso Lista: Nerigha, onde ceo, terra e mar se xuntan.