Luns. 14.10.2024
El tiempo

Malpica lanza unha campaña de promoción da romaría do santo Hadrián

Malpica lanza unha campaña de promoción da romaría do santo Hadrián
romaria santo hadrian malpica 2016 Unha Festa de Interese Turístico como a do Santo Hadrían de Malpica é merecedora da campaña da potente campaña de difusión da romería que vén de poñer en marcha a concellería de Promoción Económica do concello de Malpica coa colaboración de Turismo de Galicia, a Xunta de Galicia e Abanca. A presentación da campaña tivo lugar onte pola mañá na propia ermida, que se converterá o vindeiro domingo 19 no punto de encontro de milleiros de persoas;motivo polo cal a propia organización puxo en marcha un dispositivo especial de seguridade. O alcalde, Eduardo Parga; a concelleira de Promoción Económica, Pilar Doldán, e o de Seguridade, Miguel Fernández, presentaron o cartel anunciador da romaría e os panos de romeiro que se distribuirán nos vindeiros días. A campaña inclúe tamén accións publicitarias en prensa escrita, radio e Internet, tanto en medios de comunicación dixitais coma nas redes sociais do concello de Malpica. O alcalde e os concelleiros de Promocion Economica e de Seguridade de Malpica presentaron onte o cartel da romaria do Santo Hadrian O alcalde e os concelleiros de Promoción Económica e de Seguridade de Malpica presentaron onte o cartel da romaría do Santo Hadrián Os obxectivos son a promoción da romaría do Santo Hadrián máis alá do ámbito local, a identificación dos veciños e veciñas do concello malpicán cun dos símbolos da herdanza cultural, contribuíndo deste xeito á preservación do patrimonio inmaterial e á súa posta en valor tanto dentro coma fóra do municipio de Malpica de Bergantiños, e a consolidación do concello como un dos principais destinos turísticos da comarca de Bergantiños e mesmo da Costa da Morte. Precisamente esa fin de semana, ademais das verbenas e doutras actividades organizadas pola comisión de festas, o Real Club Náutico da Coruña celebra unha nova edición da Regata Illas Sisargas. O sábado os cruceiros sairán da Coruña ás 14:30 horas e chegarán a Malpica arredor das 19 horas. A continuación procederase á entrega de premios no palco. O domingo ás 12 as embarcacións iniciarán a travesía de regreso. Festur Por outra banda, a romaría de Santo Hadrián e Mostra da Olería de Buño estarán presentes esta fin de semana en Festur - Feira de Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia -que se celebra dende hoxe e ata o domingo en Silleda, no marco da 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Durante a fin de semana, ademais de persoal de información, no stand de Malpica haberá demostracións a cargo do oleiro José Antonio Corral. O horario de apertura, tanto o sábado coma o domingo, será de 10 a 21 horas.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios