Malpica presentou a XVI edición do Certame de Poesía Erótica ‘Illas Sisargas’

O Certame de Poesía Erótica ‘Illas Sisargas’ chega este ano á súa XVI edición de man da concellería de Cultura do Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón. O galardón deste ano constará da publicación da 1ª edición da obra gañadora e dun premio en metálico de 1.500 euros.
Este mércores presentáronse as bases do concurso nun acto na Casa do Concello no que participaron o alcalde, Walter Pardo, a concelleira de Cultura, Leticia Naya, e o presidente da Asociación Cultural Caldeirón, Paco de Tano.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, poderán optar ó premio todas aquelas autoras e autores que presenten un libro inédito de temática erótica en galego e que non recibira galardóns previamente. Os textos deberán enviarse en formato PDF ó correo electrónico premio@caldeiron.org ata a medianoite do 19 de setembro do 2021.
O galardón componse dun premio en metálico de 1.500 euros e a publicación da 1ª edición da obra na colección Illas Sisargas da Editorial Calderón, cunha tirada de 400 exemplares.
As bases do concurso están accesibles nas redes sociais municipais e na páxina web do Concello, www.concellomalpica.com.
Histórico dos Concursos de Poesía Erótica
- Miguel Anxo Mato Fondo a Paco Souto: Lembrar.
- Novembro 2020: Charo Pita e Laura Ramos Cuba, gañadoras do XV certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.
- 2019: A picante Cea das Letras deu a coñecer a nova gañadora do Certame de Poesía Erótica.
- 2018: A Cea das Letras, o emotivo punto de encontro da poesía erótica galega.
- 2017: As Letras Eróticas tamén homenaxean a Paco Souto.
- 2016: Xavier Queipo, gañador do XI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.
- 2016: O Certame de Poesía Erótica de Malpica, unha colección única.