xoves. 08.05.2025
El tiempo

Malpica rescata a memoria dos naufraxios con tres xornadas

Malpica rescata a memoria dos naufraxios con tres xornadas
Libros de Naufraxios por Malpica A longo deste mes de setembro, Malpica acolle tres xornadas de rescate da memoria sobre naufraxios nas súas costas. A primeira cita terá lugar este venres día 16 ás 19:30 horas da tarde no local sociocultura de Cambre. Nesta xornada interxeracional de memoria oral partiparán como informantes catro maiores desta parroquia malpicá: Ermitas Blanco Lema, Asunción Vila Cotelo, Jaime Vila Cotelo e Antonio Veiga Fernández. Os tres poderán recordar naufraxios famosos coma o vapor inglés Sidon acontecido nas ribeiras da praia do Riás. A segunda cita será no local social de Barizo o vindeiro sábado 17 ás 19 horas. Os informantes serán Manuel Gómez Álvarez, Evaristo García Rodríguez e Rafael Pose Mesura. Os tres falarán dos naufraxios acontecidos nas costas de Barizo e Mens. Para a tarde do sábado 24 está programada unha dobre sesión de actividades coa que se achegará o libro de Fernando Patricio Cortizo, Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899 (Cartamar). Ás 19 horas realizarase un roteiro de naufraxios pola vila de Malpica e ás oito da tarde presentarase o libro no salón de plenos da Casa do Pescador. Acompañarán ao autor o investigador local Xurxo Alfeirán, que falará das vicisitudes históricas do porto e praia de Malpica, e Jaime Ricardo Suárez Villar, quen lembrará o último naufraxio malpicán do século XIX, o da embarcación David, propiedade de antepasados seus. Todas as actividades son abertas a público e estarán moderadas por Xosé Manuel Varela. Naufraxios en Malpica

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios