Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Malpica únese ao teatro por outono

Malpica únese ao teatro por outono
X Ciclo de Teatro de Malpica

Seguen os concellos apostando polos programas teatrais durante este outono. Vimos as propostas de Ponteceso, Vimianzo ou Laxe, e xa chega a X Mostra de Teatro de Malpica, e o fai con 10 espectáculos que encherán o concello bergantiñán de títeres, circo, cabaré, monólogos e maxia. O ciclo estenderase dende o 7 de novembro ata o 20 de decembro nun programa no que colaboran a Deputación da Coruña, a Asociación Cultural Caldeirón e a Asociación Teatral Os Amigos de Malpica.

A X Mostra de Teatro arrincará o 7 de novembro coa divertida proposta de Producións Teatrais Excéntricas “Da Vinci tiña razón”, especialmente dirixida a maiores de 13 anos. Todas as funcións serán ás 20.30 horas agás o espectáculo escolar previsto para o 12 de decembro, que comezará ás 11.30h.

X Mostra de Teatro de Malpica

  • Venres 7 de novembro, ás 20.30h. Da Vinci tiña razón. Producións Teatrais Excéntricas.
  • Venres 14 de novembro, ás 20.30 h. Gala de Circo. Culturactiva.
  • Venres 21 de novembro, ás 20.30 h. Os anos 80 vistos polo Mago Teto. Mago Teto.
  • Venres 28 de novembro, ás 20.30 h. Misión sapiens (Operación Comedia). Malasombra producións.
  • Venres 5 de nadal, ás 20.30 h. A súa vida. Rabadiero promocións.
  • Venres 12 de nadal, ás 11.30 h. A modernidade chega á vila. Fanfarra Títeres (A. Galega Fanfarra de Soños). (Función Escolar).
  • Venres 12 de nadal, ás 20.30 h. Bailando cos contos. Baobab Teatro.
  • Sábado 13 de nadal, ás 20.00 h. Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte). Grupo de Teatro Carrachanacacha (A.C. O Aturuxo de Melpómene).
  • Venres 19, ás 20.30 h. Fóra de lugar. Grupo de Teatro Teruca Bouza (Sociedade de Amigos da Paisaxe).
  • Sábado 20, ás 20.00 h. Cabaré Manicómico. Creacións manicómicas. (Asociación Cultural Manicómicos).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios