Malpica volve quedar sen pediatra en verán, cando triplica a poboación

Carnota, Camariñas, Coristanco, Dumbría, Muxía, Zas… Ata Carballo e Cee teñen problemas co servizo de pediatría na sanidade pública. Pero é que a realidade é que ata nas cidades o SERGAS ten que recorrer a agrupación en centros de saúde estratéxicos para solventar as campañas de vacacións dos profesionais, ante a eterna falta de facultativos no sistema sanitario galego.
Así acontece en Malpica, onde por terceiro verán, a pesar de triplicar a poboación, con probabilidade vai volvere ficar sen pediatra. Unha situación que obriga ás familias a trasladarse á Carballo para ter unha consulta.
O propio alcalde Walter Pardo recoñecía nos #DirectosQPC que o Concello enviara un escrito ao Sergas para que tivera en conta que Malpica non pòde quedar sen pediatra xusto cando máis nen@s hai, pero polo de pronto non obtivo resposta.
En todo caso, a resposta téñena claro as familias que se ergueron en pé de guerra hai 2 anos, cando saían á rúa para protestar polo deficiente servizo. “Fai dous anos deixáronnos claro que non hai persoal para cubrir vacacións, pero non só en Malpica senón tamén no resto da Costa da Morte e mesmo nas cidades galegas. Teríamos que xuntarnos a nivel Galicia para obrigarlles a ofertar máis prazas, e postos de traballo interesantes para que os pediatras non marchen a Portugal ou Inglaterra”, explica unha das nais implicadas na loita, que polo de pronto, este verán terá que ir a Carballo para ver ao pediatra.
Novas relacionadas cos recortes en pediatría
- Febreiro 2020: Concentración comarcal: Carnota volve quedar sen pediatra, polo menos, ata marzo.
- 18-02-20: Feijoo escoitou as demandas das familias de Fisterra contra o precario servizo de pediatría.
- Febreiro 2020: A Costa da Morte tamén berrou por unha Sanidade Pública Digna en Compostela.
- Xaneiro 2020: O precario servizo de pediatría na Costa da Morte volve ao Parlamento Galego.
- 2020: As familias de Fisterra tamén se levantan pola falta de pediatra.
- Xaneiro 20: Comezan unha campaña de recollida de sinaturas por un servizo de pediatría digno na Costa da Morte.
- O 2020 comeza con novos recortes no servizo de pediatría de Zas.
- 2019: Como é o estado de saúde do servizo de pediatría en Cee?