Martes. 15.10.2024
El tiempo

Os datos da Mostra de Olería: 7.000 visitantes, a mellor marca, e un impacto de 100.000€

Valentin Gonzalez FOrmoso e Walter Pardo alcalde de Malpica
Os datos da Mostra de Olería: 7.000 visitantes, a mellor marca, e un impacto de 100.000€

Esta semana o alcalde de Malpica, Walter Pardo Añón fixo balance xunto ao presidente da Deputación, Valentín González Formoso, da incidencia da 36ª edición da Feira da Olería de Buño. Unha edición que batiu a mellor marca de visitantes diarios, pois concentrou máis de 7.000 visitantes en 4 días, unha afluencia moi importante en comparación con outros anos, nos que a Mostra se extendía durante máis días.

O alcalde trasladou tamén ao presidente provincial a satisfacción coas vendas rexistradas tanto dos artesáns coma dos hostaleiros da zona, cun impacto económico de arredor de 100.000 euros nos catro días de duración da Mostra, segundo os datos da Axencia de Desenvolvemento Local.

Ambos aproveitaron para asinar o convenio para manter viva esta, “unha das grandes referencias da artesanía coruñesa e galega, porque Buño é sinónimo de tradición oleira”, segundo afirmou o presidente provincial. Pardo agradeceu os 80.000€ que destina a entidade provincial.

Novas relacionadas

Comentarios