Mato Fondo no Bar Cornecho: “A taberna é un lugar de encontro e de iniciativas culturais importantes”
O mítico Bar O Cornecho, referente na vida cultural malpicá, artellaba, coa colaboración da Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, a presentación do libro “Sisley no Xuncal da Trave” (editorial Medulia). O autor, o pontecesán Miguel Anxo Mato Fondo, saía do armario por fin, con esta primeira presentación despois de 2 anos de abrigo obrigado pola pandemia.
Miguel Anxo recoñece ademais a importancia do Cornecho, “máis alá da sempre presente memoria de Paco Souto, é un referente cultural. A min encántame considerar a taberna como un lugar de encontro e de iniciativas culturais importantes. Síntome moi a gusto presentar os meus libros, ler poemas… E tamén é moi cómodo para o que escoita, e esa tranquidade que dá promove o dialogo e a empatía”, explicaba.
Convidado por Paco de Tano, foi un evento moi emotivo, cun ambiente moi agarimoso, e con xente chegadas de todas partes da bisbarra, mesmo de Muxía, que fixo que Mato Fondo levase unha grata sorpresa. Relatou como nace esta novela que parte das imaxes da súa infancia, mesturando paisaxe e vivencias daqueles anos na vila bergantiñá. Liu textos do libro e algún poema inédito, para goce dos presentes.
”Creo que sinceiramente é unha boa obra, unha obra agradable para ler, moi lírica, moi evocativa, e estou moi contento de tela publicado”, relata sen ánimo de fachendear. E agora espera poder seguilo sacando por aí, e de feito xa hai datas preparadas. En setembro toca ir co ao Festiletras, e outros convites para seguir espallando a fermosa novela.
Novas relacionadas
- Miguel Anxo Mato Fondo conta a súa Trave nun novo libro.
- Entrevista 2018 con M.A. Mato Fondo: “Os escritores de hoxe en día movémonos con absoluta comodidade tanto na galaxia de Gutenberg coma na online”
OUTROS ARTIGOS DE MIGUEL ANXO MATO FONDO
- Return forever (II).
- Return to forever.
- A Winter shade of pale.
- O Mestre dos paxaros.
- Afectos y canciones. Victoria Carande.
- As Brañas da Memoria.
- Viaxe ao fondo da memoria.
- Lembrar (a Paco Souto).
- As mulleres de Viki Rivadulla.
- Eduardo Pondal: “Un recuerdo a mi patria” (1857).