As mocións estatais do PP de Malpica quedan no caixón
Dúas mocións de índole estatal levaba o pasado xoves a pleno o PP de Malpica. Dúas mocións que foron lidas polas edís populares, pero para as que o grupo de goberno non ratificou a súa urxencia, polo que non chegaron nin a debatirse.
A primeira pide compromiso municipal co sector mar-industria alimentario fronte ao proxecto do goberno estatal da reforma de Lei de Costas. O PP asegura que, en Malpica, están integradas total ou parcialmente en zona de Dominio Público Marítimo Terrestre, preto de 5.000 edificacións, concretamente 14 vivendas e 4 edificios industriais, así como 12 construcións de ámbito público (depuradora, lonxa, nave de redeiras, etc.). “Que acontecerá cando esas familias prexudicadas pola nova lei sepan que o goberno municipal puido evitalo, e a causa do seu retraemento e despreocupación non o fixo?”, pregúntase o PP.
A segunda moción era para instar ao Goberno Central a aboar a débeda pendente coa nosa Comunidade Autónoma, pois Galicia segue sen recibir os 200 millóns de euros que se lle deben pola recadación do IVE de decembro de 2017.