Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A muller, protagonista da campaña da Romaría de Santo Hadrián Festa de Interese Turístico

Panos rosas na Campana de promocion do Santo Hadrian
O primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández; o alcalde, Eduardo Parga; e a concelleira de Promoción Económica, Pilar Doldán, cos panos rosas do Santo Hadrián
A muller, protagonista da campaña da Romaría de Santo Hadrián Festa de Interese Turístico

Este ano, a campaña de promoción da Romaría de Santo Hadrián como Festa de Interese Turístico chega en clave de muller. Os panos de romeiros/as, de cores rosa e morado, simbolizan a loita contra o cancro de mama e a loita contra a violencia sexual, que se fará patente durante esta semana ata o propio día grande da festa, o domingo 16 de xuño.

Ademais, dende o Concello de Malpica sumámonos á campaña autonómica AgresiónOff, orientada a sensibilizar á poboación contra a violencia sexual. Deste xeito, durante a festa instalaremos un posto informativo no que se ofrecerá material impreso con información útil, ademais de chapas e outro material promocional co obxectivo de dar visibilidade a este importante problema social.

As persoas que queiran manifestar a súa solidariedade levando os panos anudados ao pescozo no día grande da romaría poden acudir a recollelos a partir do martes 11 ás oficinas municipais do Centro Cívico, de balde e ata fin de existencias.

Romaria-SANTO-HADRIAN-19

Fin de de festa

Comezarán o 14 coa animación nas rúas da Mekánica Rolling Band ao longo da tarde, e ás 23.00 horas arrincará a verbena con Coldday, Salva & José Brea e Festicultores. O sábado 15 estará o Dúo Calú na sesión vermú, volverá a haber animación nas rúas pola tarde coa charanga Kilomberos de Monte Alto e na verbena tocarán os grupos Tekila e Bomba. O día grande, domingo 16, a verbena adiántase ás 21.00 horas e contará coa actuación de Os Piñeiros.

Festas de Santo Hadrian de malpica 2019

Novas relacionadas

Comentarios