Martes. 21.05.2019
El tiempo

Todos os camiños diríxense a Santo Hadrián

Todos os camiños diríxense a Santo Hadrián
O Santo Hadrian e a Santa Natalia de procesion en Malpica O Santo Hadrián e a Santa Natalia de procesión malpicá Domingo de Santo Hadrián, e dá igual por onde pises, que os teus pés van ir tirando cara a ermida de Santo Hadrián. A Romaría de Santo Hadrián de Malpica volveu xuntar a milleiros de romeiros na soleada mañá dominical do 17 de xuño. Unha das 9 Festas de Interese Turístico Galego da Costa da Morte, unha das romarías máis auténticas da contorna. Ben cedo partiu a comitiva dende igrexa parroquial de San Xulián. E con ela, os máis madrugadores peregrinos, algúns descalzos e cagando pesadas velas de cera coas que demostran a súa devoción camiñando os fermosos quilómetros que separan a vila da capela. A tradición dos panos tamén mantén viva a súa fe. Romeiros da Romaria de Santo Hadrian de Malpica Romeiros da Romaría de Santo Hadrian de Malpica https://www.facebook.com/concellodemalpica/videos/1812929472063820/?t=1   Á chegada á zona da ermida espera a misa e os postos de velas, de rosquillas, de cereixas, ou de xoguetiños chineses. Velas da Romaria de Santo Hadrian de Malpica Velas da Romaria de Santo Hadrian de Malpica Despois da comida campestre, peregrinación de volta coa imaxe de Santo Hadrián, acompañada sempre da súa Santa Natalia, cara a Igrexa de San Xulián, onde permanecerán ata o ano que vén. Tradicion dos panos no Santo Hadrian de Malpica Mantense viva a tradicion dos panos no Santo Hadrian de Malpica

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-romaria-de-santo-hadrian-celebra-o-10o-aniversario-da-sua-declaracion-coma-festa-de-interese-turistico-de-galicia/ https://quepasanacosta.gal/a-volta-a-esencia-enche-a-romaria-do-santo-hadrian/

Fonte

Comentarios