Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un Nadal de teatro e artesanía en Malpica

Programación Nadal Malpica 2020
Un Nadal de teatro e artesanía en Malpica

Actividades culturais, o mercado de artesanía de Nadal ou a iniciativa “Queres falar cos Reis Magos?” son os protagonistas deste programa de Nadal malpicán.

Así, o 20 de decembro, Talía Teatro executará “Lambetadas” no Centro Cívico ás 17:30 horas, nunha obra apta para todos os públicos. O día seguinte, o 21 de decembro, “O castiñeiro do Apalpador” pasará polo CEIP Joaquín Rodríguez e polo Centro Cívico en horario escolar, para Infantil e Primaria. 

O 30 de decembro, “O lobo bobo” de Elefante Elegante será representada no Centro Cívico ás 17:30 horas. Para as actuacións de teatro deberá reservarse praza no teléfono 981 720 001, debido a que o aforo será limitado debido á normativa covid-19. 

Ademais, do 30 de decembro ao 5 de xaneiro, poderanse realizar as inscricións para falar cos Reis Magos a distancia, a través to teléfono 641 585 245. Toda a información en  www.nadal2020.es.

Por último, lembrar que xa está aberto o prazo para solicitar un posto no Mercado de Nadal, onde a artesanía será a protagonista ata o 5 de xaneiro. Pódese contactar tamén no teléfono do Concello. 

Comentarios