O Nordestazo comeza a zoar e Malpica


Xa está todo case listo no porto de Malpica. Este sábado 14 de xullo terá lugar o IV Nordestazo Rock. Ademais, parece que o tempo respetará e a partir do sábdo entra un anticiclón que permitirá disfrutar dunha noite excelente. Así, o único nordés que soplará será o do rockandroll.
Un ano especial este 2012 para toda a xente da Tralla, pois saben que este ano é chave. I é que da man dos concertazos que artellaron o salto vai ser espectacular.
Tan grande vai ser que o espazo tivo que ser trasladado ao peirao norte, e vaia apurando se queren entradas, que só quedan 1.000 á venta... Aínda estades a tempo para mercalas por internet a 10€ ou en taquilla a 15€.
Salientable por riba de todo a participación dos Heredeiros da Crus, que veñen ademais cunhas gañas tremendas, como o demostraron facendo referencias continuas no Derrame Rock. A banda emblema da xeración do "xabarín" fará un expectáculo completo que, de seguro, quedará para o recordo, xa que ao seren de Ribeira, sempre lle meten moitas gañas aos concertos de costa. E que máis Costa que Malpica!
Se os Heredeiros serán o cumio da festa, non podemos esquecera a participación pola tarde dos Skarallaos, de Moon Cresta e Exit antes do bravú, e do mellor rap do país, cos versos rasgados dos Dios ke te Crew. Dj Tono pechará a cita festivaleira a ritmo de rockandroll, pero aínda haberá tempo para ir tomarlle unha polos locais da Ruta da Parrachiña!!
Programa do Nordestazo Rock 2012
18:00h: Skarallaos
Estarán en acústico na zona da praia. Aquí lles vemos un vídeo promocional feito en Malpica ademais.
22:00h: Exit
Banda de versións coruñesa cun punch tremendo. Xa o demostraron o pasado no PopRock da praia do Orzán da Coruña, e o volverán facer en Malpica. Aquí os deixamos cunha versión de ACDC.
23:00h: Moon Cresta
Van dar que falar nos vindeiros anos esta banda de power&funk. Xa teñen pasado por todas as emisoras estatais e chegan tras gañar varios certames. Aí volos deixamos.
0:10h: Heredeiros da Crus
Que podemos dicir que non saibades...
2:45h: Dios ke te Crew
O dito, o mellor hiphop do país da última década.
3:45h: DJ Tono
Pechará a festa no porto cunha Sesión de rockandroll. Pero ollo que se ben festival está para acabar ás 4.15h, de aí será obrigado tomarlle algo aos localazos da Ruta da Parrachiña.
Máis información
- Facebook do Nordestazo Rock.
- www.nordestazorock.com.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- A Tralla: “Os Heredeiros van queimar Malpica”.
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
Novas festivaleiras
- A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Beach Party Carnota: Nova cita electrónica da Axenda Sonora da Costa da Morte.
- A Axenda Sonora xa resoa na Costa da Morte.
- Dous días de Festival no IX Castelo Rock de Muros.
- Os Irmandiños xa teñen cartel e actores para Asaltar o Castelo.
- 24 horas de natureza, praia, música, arte en Valarés.
- Moito máis que música no Sereas e Piratas de Razo.
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
Outras novas
- 3 Locos Costeños a ritmo de rap.
- Os Terbutalina reparten Hostias para todos.
- Unha viaxe, en formato Dogma, á loita do metal con The Gone&Lost.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).