Xoves. 19.09.2024
El tiempo

O pobo de Cerqueda repasa o proxecto do cemiterio

O pobo de Cerqueda repasa o proxecto do cemiterio
Reunion da nova directiva de Monte dArxa con Vitureira Bouzas-Foto Monte dArxa

A menos dunha semana da súa constitución (foi o pasado domingo) a nova directiva da Asociación de Veciños comezou a dar os seus primeiros pasos. Por iso programou unha cita para a tarde-noite de ontes venres, no local sociocultural das Pozacas, co xerente de Vitureira Bouzas, a empresa que foi elixida pola veciñanza e demandantes para a ampliación do cemiterio de Cerqueda.

José Suárez García, informoulle á actual xunta directiva do estado do seu proxecto: encóntrase depositado no departamento correspondente do Arcebispado de Compostela e estase á espera de que comuniquen o seu aprobamento definitivo. Confía en que en moi poucos días se teña unha resposta afirmativa. Por outra banda, tamén é probable que en breve tempo un técnico ou responsable da área de Arte Sacra se desprace á necrópole cerquedá para comprobar in situ como quedaría obra.

Apoio de Monte d’Arxa ó proxecto

Proxecto Vitureira Bouzas para cemiterio de Cerqueda

Esta semana a nova directiva de Monte d’Arxa emprendeu unha serie de accións en apoio ó proxecto de Vitureira Bouzas. Distribuíronse por marquesinas e cristaleiras de bares da parroquia carteis de respaldo ó mesmo no que se reproduce unha vista aéra da futura obra. Ademais, enviouse unha carta ó Arcebispado de Santiago e ó Alcalde de Malpica de Bergantiños no que se reitera ese apoio.

Monte d’Arxa respalda abertamente o presente proxecto porque así o quixo a maioría aplastante dos veciños da parroquia e tamén os propios demandantes de novos panteóns. Por iso, a xunta directiva nunca tomará un acordo contrario ó sentir maioritario da parroquia e solicitantes.

Outros temas da directiva

Noutra orde de cousas, a directiva tamén falou da actividades que desenvolverá durante o 2013. Ó longo deste mes de abril realizará unha colleita de necesidades que hai na parroquia para a principios de maio achegarllas ó Alcalde de Malpica de Bergantiños. Ademais, a partir da semana que vén farase distribución dos novos carnés entre os cerca de 300 socios que posúe esta entidade veciñal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xosé Manuel Varela Varela, Secretario da A.VV. Monte d’Arxa.

Comentarios