Sábado. 18.09.2021
El tiempo

Os Oleiros de Buño propoñen vincular a remusealización do Forno do Forte cos obradoiros

FORNO DO FORTE
Santiago Becerra, Fran Gorín, Xesús Pena e Leticia Naya
Os Oleiros de Buño propoñen vincular a remusealización do Forno do Forte cos obradoiros

O presidente da Asociación de Olaría de Buño, Fran Gorín, e co vogal, Santiago Becerra, recibían onte a visita do deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e a concelleira de Olaría e Patrimonio de Malpica, Leticia Naya. Unha cita para coñecer de preto o proxecto de remusealización do Forno do Forte. Un proxecto que xa está en marcha e que ten un claro obxectivo: de convertelo no gran museo da olaría da man do propio sector.

A idea é crear un espazo que non só sexa para visitas, senón que se basee na experiencia, que cree vínculos e comunidade e que sirva de enlace cun percorrido máis amplo polos obradoiros dos profesionais que actualmente se dedican á olaría en Buño.

O proxecto contempla unha reestruturación dos espazos expositivos, reservando un espazo propio para os profesionais da olaría de Buño, coa posibilidade de amosar unha mostra representativa de cada obradoiro e poñer en valor cada marca persoal e fomentando a artesanía diferenciada.

Novas relacionadas

comentarios