Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Os emigrantes retornados de Suiza reúnense en Cerqueda

Os emigrantes retornados de Suiza reúnense en Cerqueda

Este domingo 12 de xuño a parroquia malpicá de Cerqueda farase un pequeno Cantón Suizo. I é que uns 250 emigrantes galegos xa retornados do país europeo terán un encontro no Restaurante Aldeola. E o segundo ano que se realiza e o chamamento é para toda Galicia.

Inscricións

Os emigrantes retornados da zona interesados en anotarse e asistir ao encontro teñen de prazo ata este mércores, día 8, para apuntarse a través do teléfono do restaurante (981 720 006). Para calquera tipo de dúbida ou comentario poden chamar aos propios promotores nos teléfonos 646 670 678 e 676 131 963.

O menú custa 35 euros por persoa. Inclúe aperitivo con croquetas, empanada, tartaletas de marisco e bebidas. De primeiro, lagostinos á prancha; segundo, solombo ibérico con patacas e ensalada, poste caseiro, bebidas, viño branco e tinto, café, augardente, brandi e chupitos. Os nenos ata 4 anos non pagan, e ata 12, teñen un menú especial de 15 euros. Ademais, haberá un dúo para amenizar o baile A chegada o restaurante está prevista para as 12.30 horas.

Artigos sobre emigración

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios