domingo. 01.12.2024
El tiempo

Os oleiros multiplícanse por Malpica

Os oleiros multiplícanse por Malpica
Novos oleiros de Malpica

Este xoves clausurouse o curso "Inicio a Oleria" na Casa do Oleiro en Buño, organizado polo Concello e subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña e impartido pola Asociación Oleira de Buño. Un curso para ir quentando motores de cara a cita oleira por excelencia, a XXIX Mostra de Olería de Buño, que este 2013 chegará do 2 ao 11 de agosto.z

Os alumnos recibiron os diplomas da man do alcalde Eduardo Parga e a concelleira de Servizos Sociais Marisol Blanco, ademais da presidenta de dita asociación Carmen Isabel Labrador, e José Antonio Lista e Fernando Cambón que foron os encargados de impartir o curso, ademais de Marilá, Eloi Mancebo e Antonio Pereira que non poideron acudir por motivos personais.

Nenos saharauis

Nenos saharauis en Malpica

Esta semana, o Concello de Malpica deu a benvida aos nenos do programa "Vacación en Paz".Este ano, o pobo malpicán trouxo en acollida tres nenos do sáhara, dos cales un é o primeiro ano que participa en dito programa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios