Os versos erotizan Malpica
Dando continuidade ao que xa se está a converter nunha referencia para a poética en lingua galega, o Concello de Malpica de Bergantiños e a Asociación Cultural Caldeirón convocan o VI Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”.
Poderán participar autores de calquera nacionalidade, que presenten obras inéditas de temática erótica e non premiadas con anterioridade, escritas en lingua galega. Haberá un único premio, dotado con 1.000 euros. O prazo de admisión de orixinais remata o día 15 de outubro.
A decisión do xurado darase a coñecer a principios do mes de novembro deste ano, no marco da Cea das Letras, onde tamén será presentada a obra gañadora do ano 2010: "Amantes", da escritora ceense María Lado.
Máis información
Outros cursos
Ademais, o Concello de Malpica ofertará diferentes obradoidos (segundo as idades dos participantes) de teatro e manualidades, no CEIP Milladoiro e no CEIP Xaquín Rodríguez Otero. Así, xa está aberto o prazo para apuntarse aos obradoiros de Animación Teatral e Manualidades Infantís e Ludoteca; ao de Debuxo representativo dos obradoiros de animación teatral e manualidades.
O prazo de matrícula da Ludoteca Infantil do Concello de Malpica de Bergantiños permanecerá aberto ata o vindeiro día 30 de setembro. A día de hoxe quedan prazas en tódolos grupos. Os/as interesados/as poden realizar a inscrición no Departamento de Educación e Cultura no Centro Cívico entre as 9.00 h. e as 14.00 h.
Novas relacionadas
- As vogais da TVG teñen acento da Costa da Morte.
- Un poema de Manolo Rivas ao silencio dos peixes do Cabo Vilán.
- Certame Illas Sisargas 2009: Malpica entrega os premios máis quentes .