luns. 09.06.2025
El tiempo

Portos prohibe a entrada de tráfico rodado no porto de Malpica por motivos de seguridade

Portos prohibe a entrada de tráfico rodado no porto de Malpica por motivos de seguridade

Non poderán os vehículos non autorizados crcular polo porto de Malpica durante as vindeiras datas. Así o asegura Portos de Galicia, tras informar de que a empresa Nariga Gestión vén de comezar os traballos de instalación de barreiras nos accesos á zona portuaria de Malpica. Esta actuación, dirixida por Portos de Galicia, supón unha medida de control para reforzar a seguridade dos profesionais que operan neste porto.

Con esta instalación dáse resposta ás necesidades da confraría, mellorando as súas condicións de traballo ao dificultar posibles roubos, en especial de aparellos, como os que xa se teñen sufrido.

Ademais, Portos de Galicia destaca que as instrucións da Unión Europea en materia de seguridade das instalacións portuarias apuntan no sentido da restrición e control de acceso aos portos, como ocorrerá no de Malpica.

Novas relacionadadas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos de Galicia.

Comentarios