Presentan o novo proxecto arqueolóxico da Croa do Castro

16:25 08/03/23
Anos esquecida leva a Croa do Castro. Pero nunca é tarde para un proxecto que foi exemplo autonómico da arqueoloxía social, e do que xa sabemos que conta con 10 casas circulares e un muro de 6 metros de ancho.
O proxecto segue en marcha, e será Antón Fernandez Malde, director científico da colección do Castro das Travesas, acompañado polo alcalde, Eduardo Parga, o que expoña o vindeiro 18 de marzo, ás 18.00 hora, no salón de actos do CAT (antigo Centro Comarcal) a presentación do proxecto dos novos traballos arqueolóxicos promovidos pola Concellería de Patrimonio do Concello de Malpica.
Estas probas xeofísicas realizadas hai varios anos deixan claro que hai patrimonio que coidar:
Historia do proxecto da Croa do Castro
- 2020: A Croa do Castro alberga un barrio con 10 casas circulares e un muro de 6 metros de anchura.
- Xullo 2020: A Croa do Castro volve abrirse á arqueoloxía social
- Xullo 20: Xosé Manuel Varela describe a Croa do Castro para Senda Nova.
- Xullo 2019: Malpica tala a contorna a Croa do Castro para poder escavar o xacemento.
- 2018: A Croa do Castro, unha visita monumental para a Semana Santa.
- Abril 2015: Os voluntarios descobren a porta orixinal da Croa do Castro de Cerqueda.
- Febreiro 2015: Os veciños de Cerqueda presumen da súa Croa do Castro.
- 2013: Croa do Castro: A arqueoloxía oleira.