Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Quinteiro de Buño estréase cunha Andaina con churrascada ao remate

Andaina O Quinteiro
O Quinteiro de Buño estréase cunha Andaina con churrascada ao remate

Recén nada, a Asociación O Quinteiro de Buño xa se pon a artellar actividades. A primeira será unha Andaina Popular, a través dunha ruta circular dende a Igrexa de Buño que pasará polo Carballo de Santo Estebo, pola praia de San Miro, pola Devesa dos Conventos, e por Cambre, antes de chegar ao punto de partida.

A convocatoria é para o sábado 30 de marzo, en plena Semana Santa, con saída ás 9:30h, e á volta haberá obradoiro de barro para nenos da man da Asociación da Olería de Buño, e unha gran churrascada para recuperar forzas.

Podes anotarte en [email protected] ou no 663 605 205.

Máis novas

Comentarios