Venres. 11.10.2024
El tiempo

A sala "Non canto por cantar" recibe aos primeiros centos de visitantes

non canto por cantar
A sala "Non canto por cantar" recibe aos primeiros centos de visitantes

Trala inauguración no Centro de Artesanía e Tradición de Buño, a sala de exposicións "non canto por cantar",  recibiu máis de 300 visitas en menos de quince días, destacando a presencia de escolares do Concellol.

Unha sala que ofrece unha ampla mostra do patrimonio inmaterial da terra malpicá, compilado e documentado por numerosas persoas ao longo de décadas, a partir do coñecemento popular e tradicional de decenas de informantes.

Cancións e bailes recollidos na zona, que describen uns ritmos e pasos únicos na tradición galega. O Centro de Artesanía e Tradición, situado na Camposa (Buño), conta tamén con outras dúas exposicións: "As Redeiras e o Mar" e "Olería". Pode visitarse de luns a venres de 10.00 a 15.00 horas.

non canto por cantar 2

Comentarios