Venres. 26.04.2024
El tiempo

O sector do mar de Malpica descobre as posibilidades da zamborca

Charla Zamborca en Malpica
Participantes na charla sobre Mar de Alosas en Malpica
O sector do mar de Malpica descobre as posibilidades da zamborca

Este pasado venres, a Confraría de Pescadores de Malpica realizou unha charla informativa sobre os proxectos de aproveitamento da zamborca e a saboga. Dúas especies mariñas desaproveitadas na comarca, coñecidas máis tecnicamente como Alosa alosa e Alosa fallax.

Membros do pósito e da Universidade de Santiago expuxeron como avanza o proxecto Mar de Alosas (nanciado polo Goberno de España, a Fundación Biodiversidad, a Unión Europea e a Universidade de Santiago de Compostela), para afondar no coñecemento do medio mariño. O doutor Fernando Cobo e o director David J. Nachón, ambos da USC, afondaron no tema ante os asistentes, entre os que se atopaba o patrón maior de Malpica, Pedro Pérez.

”A xornada moi ben e fructífera”, recoñecen dende o pósito”, satisfeitos por “descubrirmos que os exemplares que pasan dos 3 quilos, poden ter un valor comercial no norte de Portugal de ata 14€/kg, polo que estamos buscando forma de comercializalas no lugar de ir para carnada”, explican.

Ademais, os explertos explicaron que “é unha especie sensible que sobre todo se debe protexer nos ríos axudándolle ao desove e detectouse que exemplares capturados en Malpica, proviñan do río Miño, dando conta da longa distancia que percorren”.

A importancia destes estudos

Tamén se entrou nun debate cos poñentes, sobre como estes estudos favorecen a defensa do sector, posto que a veces en Bruselas cando se van defender cotas ou similar, fan falta estudos continuados deste tipo nas diferentes especies e no noso país o sector científico non ten suficiente inversión, ademais de loitar contra outros aspectos basado en axentes externos derivados de decisións políticas ou e económicas. É dicir, “como sector temos que pelexar por facer estudos que avalen o que nós trasladamos e neste aspecto a administración pública debe facilitar estas investigacións e dende os poñentes comprendían isto e incluso o vían favorable”, explican dende unha confraría que por exemplo, leva tempo solicitando estudos que analizan o TAC das raias e da pescada en artes menores, así coma o atún vermello como captura accidental e outras especies (sardiña, xurelo…).

NOVAS RELACIONADAS

Máis novas

Comentarios