Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Semana Contra as Violencias achega varios obradoiros a Malpica

Obradoiros Malpica 25N
A Semana Contra as Violencias achega varios obradoiros a Malpica

O vindeiro luns 25 de novembro é o Día Internacional contra a violencia de xénero, e a Costa da Morte está absolutamente volcada coa data. 16 Concellos da comarca forman parte da campaña En negro contra as violencias, que leva ducias de actividades por toda a bisbarra, para visibilizar esta enfermidade social.

Por Malpica, por exemplo, desenvolveranse diversos obradoiros con motivo da Semana Contra as Violencias, tanto no Centro Civico malpicán como na Casa da Cultura de Seaia.

O xoves 21 de novembro, de 18:00 ás 19:30 horas no Centro Cívico de Malpica, onde hai ademais unha interesante exposición sobre as redeiras, celebrarase o ‘Obradoiro para a prevención do síndrome de persoas coidadoras’.

O 24 de novembro, ás 17:00 horas, o Centro Comarcal de Buño será escenario dun café coloquio, aberto ao público e no que participarán Inés Carballo e Beatriz Guerra. A cita está coordinada pola asociación Visibles.

O 25 de novembro ás 12:00 horas está prevista unha concentración e a lectura dun manifesto na praza Anselmo Villar Amigo.

O 26 de novembro ás 18:00 horas, a Casa da Cultura de Seaia acollerá o obradoiro de risoterapia e sororidade para mulleres, impartido novamente pola asociación PsicoNova. As inscricións pódense formalizar no departamento de Servizos Sociais e é completamente de balde.

Todas as persoas que o desexen, poden apuntarse no 981 720 280. Ambas son actividades completamente de balde. A concelleira de Igualdade do Concello de Malpica, Leticia Varela Naya, destaca que “ambas propostas reflicten a nosa implicación non só co benestar social, senón tamén pola integración, e promulgación de valores como o respecto e a igualdade en todos os ámbitos. Agradecemos a PsicoNova a súa implicación en dúas actividades moi importantes para a veciñanza, e para seguir camiñando para acadar a igualdade en todas as facetas do ámbito social”, destacaba Varela.

Todas as actividades do 25N na Costa da Morte

Comentarios