![O Santo Hadrian e a Santa Natalia de procesion en Malpica]()
O Santo Hadrián e a Santa Natalia de procesión malpicá
Domingo de Santo Hadrián, e dá igual por onde pises, que os teus pés van ir tirando cara a ermida de Santo Hadrián. A Romaría de Santo Hadrián de Malpica volveu xuntar a milleiros de romeiros na soleada mañá dominical do 17 de xuño.
Unha das 9 Festas de Interese Turístico Galego da Costa da Morte, unha das romarías máis auténticas da contorna.
Ben cedo partiu a comitiva dende igrexa parroquial de San Xulián. E con ela, os máis madrugadores peregrinos, algúns descalzos e cagando pesadas velas de cera coas que demostran a súa devoción camiñando os fermosos quilómetros que separan a vila da capela. A tradición dos panos tamén mantén viva a súa fe.
![Romeiros da Romaria de Santo Hadrian de Malpica]()
Romeiros da Romaría de Santo Hadrian de Malpica
https://www.facebook.com/concellodemalpica/videos/1812929472063820/?t=1
Á chegada á zona da ermida espera a misa e os postos de velas, de rosquillas, de cereixas, ou de xoguetiños chineses.
![Velas da Romaria de Santo Hadrian de Malpica]()
Velas da Romaria de Santo Hadrian de Malpica
Despois da comida campestre, peregrinación de volta coa imaxe de Santo Hadrián, acompañada sempre da súa Santa Natalia, cara a Igrexa de San Xulián, onde permanecerán ata o ano que vén.
![Tradicion dos panos no Santo Hadrian de Malpica]()
Mantense viva a tradicion dos panos no Santo Hadrian de Malpica
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-romaria-de-santo-hadrian-celebra-o-10o-aniversario-da-sua-declaracion-coma-festa-de-interese-turistico-de-galicia/
https://quepasanacosta.gal/a-volta-a-esencia-enche-a-romaria-do-santo-hadrian/
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).