Martes. 23.04.2024
El tiempo

Un mestre da Costa da Morte, entre os 5 mellores docentes de España

Un mestre da Costa da Morte, entre os 5 mellores docentes de España
Xacobo de Toro nos Premios Educa Xacobo de Toro recollendo o galardón nos Premios Educa

A Costa da Morte ten un profe entre os 10 Mellores de España de Secundaria. O mestre do IES Urbano Lugrís, Xacobo de Toro Cacharrón, o mestre que está convertindo Bergantiños na capital da docencia en ciencia gracias á  súa revolución a través do youtube co seu “XeoClip” vén de recoller o seu premio como 5º Mellor Docente de España no marco dos Premios Educa, que organiza EDUCA con Abanca e MIAC.

Uns 40 docentes (10 por categoría) de toda España achegáronse ata o Hotel Attica da Coruña para participar nesta Gala retransmitida por TVE e presentada por Paloma Lago. O noso representante costeiro, subiu ao estrado para recoñecer ese 5º premio, e despois tivo sesión de fotos por todas partes antes do cóctel.

”Unha tarde moi emotiva”, valorou De Toro, que considera que “só o feito da existencia duns premios destinados ó colectivo docente contribúe a dar visibilidade a todo o magnífico que facemos nas aulas derrochando imaxinación, tempo propio e incluso cartos dos nosos petos para suplir as carencias do sistema e pasalo xenial na aprendizaxe co noso alumnado”.

Xacobo de Toro a dereita con Jose Vinas nos Premios Educa Xacobo de Toro, á dereita, con Jose Viñas, nos Premios Educa

Aquí tendes a gala completa:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios