Un operario ferido tras caer dun tellado nun accidente laboral en Malpica
06:32 21/09/17
Durante a tarde de onte, mércores 20 de setembro, un operario que se atopaba traballando no tellado dunha casa tivo que ser trasladado ata o Hospital da Coruña despois de caer ao chan. O traballador precipitouse dende unha altura de dous metros, e aínda que estaba consciente, tiña dor nas costas.
Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia púxose, de inmediato, a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e de Protección Civil.
Fonte
- Axega.