Luns. 09.09.2024
El tiempo

Unha Mostra pola Educación a escala mundial en Malpica

Unha Mostra pola Educación a escala mundial en Malpica
Expo Educo en Malpica

Hoxe, luns 1 de setembro inaugurase no Centro Cívico Municipal de Malpica de Bergantiños a mostra “A Educación, camiño de futuro”. Con esta mostra, a ONG Educo reclama o dereito a educación para todos e todas e quere achegar a sociedade a situación actual da educación no mundo, os retos ainda pendentes, así como ás experiencias positivas que día a día están contribuindo a mellorar o acceso a educación de miles de nenos e nenas.

A mostra componse de seis torres de cubos fotográficos que, por unha parte, recordan que privar de educación as persoas é unha violación dos dereitos humanos; e por outra, que con o esforzó e o traballo de todos os axentes sociais é posible o cambio hacia unha educación inclusiva e universal, como mostran algunhas iniciativas nos países como Malí, Cambodja, Filipinas, Bolivia e O Salvador.

As cifras son moi duras. Actualmente 72 millóns de nenos e nenas non van a escola e 55 millóns de eles son nenas. Esta situación négalles a oportunidades de aprender a coñecer, a facer, a ser, a convivir e a mudar. A educación é a chave de futuro e non garantizala conleva mermar o desenvolvemento de todalas persoas.

Por isto, Educo aposta por unha educación transformadora que dote aos nenos e as nenas das capacidades e habilidades necesarias para poder romper co círculo da pobreza. A educación permite a nenos e nenas ser os protagonistas do seu propio desenvolvemento e axentes activos de un cambio que lles dé unha mellor oportunidade de vida. Baixo esta premisa, a ONG leva a cabo proxectos de cooperación ao desenvolvemento en máis de 1800 escolas de 14 países como Nicaragua, Burkina Faso, India e Ecuador.

Ata o 30 de setembro pódese visitar esta mostra no CCM de Malpica en horario de luns a venres de 8:30 a 14:00h ata o 15 de setembro e de 08:30 a 15:00h e de 15:30 a 20:00h a partir do 15 de setembro. E domingos de 19:00 a 22:00h (Ventorrillo, s/n)

Máis información

Fonte

Comentarios