sábado. 10.05.2025
El tiempo

Unha nova escola infantil en Malpica construída sobre os cementos da escola de Aldeola

Unha nova escola infantil en Malpica construída sobre os cementos da escola de Aldeola
A antiga escola unitaria de Aldeola, na parroquia malpicá de Cerqueda, xa non existe. Hoxe pola mañá as máquinas acabaron cun pequeno pedazo de historia de moitos dos veciños de Malpica. Pero afortunadamente este é un conto cun final feliz, xa que a destrucción da vella escola fíxose para deixar paso a unha nova e necesaria infraestrutura para a vila: a escola infantil. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar adxudicou os traballos á empresa Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S. L. por un importe de 354.175 euros. O prazo de execución é de oito meses. A escola infantil de Malpica contará con 3 unidades, con capacidade para 41 nenos e nenas de cero a tres anos de idade. Dividida en dúas prantas, a pé de rúa estarán as aulas, unha sala de usos múltiples, a cociña e os aseos. Na pranta superior será para unha zona de xogo e para salas de xestión e profesorado.

Comentarios