Xa temos programa para a celebración dos 30 anos da Mostra de Olería de Buño
Presentouse onte a programación da XXX edición da Mostra da Olería de Buño, que terá lugar entre o 2 e o 11 de agosto. Unha presentación na que participou o presidente da Deputación, que aporta 60.000€, Diego Calvo, alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o concelleiro de turismo, Alfredo Cañizo, e o secretario da Asociación de Oleiros de Buño, José Antonio Añón Lista.
Todos salientarion a cifra dos 30 anos viva, “o valor de seguir medrando en épocas de dificultades económicas”, e incidiron na necesidade desta feira para a promoción dunha actividade artesanal que “deberían aprender os mozos”, como destacaba o representante dos oleiros.
Festa de Interese Turístico e motor económico
Falamos dunha das Festas de Interese Turístico da Costa da Morte que ademais convertiu unha tradición nun dos meirandes referentes a nivel galego en canto a artesanía, e que xa é todo un motor económico, o máis importante da pequena vila de Buño. Non hai máis que apuntar que na vila, e a pesar da crise, seguen vivos os 17 talleres de artesáns e as 9 tendas.
Ademais, este ano conseguiron un bo convenio coa propia Deputación que entrega como obsequio institucional unha peza de Buño.
Así, o secretario da Asociación de Oleiros de Buño, José Antonio Añón Lista, recordou que a Mostra de Olería de Buño “non so foi importante, senón tamén fundamental para darnos a coñecer porque esta artesanía comezou sendo simplemente utilitaria e agora trátase dun elemento decorativo”.
Programa da XXX Mostra da Olería de Buño
Actividades permanentes
Na Casa do Oleiro, A Camposa - Buño (Malpica). De 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h:
- Exposición "Os Nosos Oleiros";
- Obradoiro de barro para nenos, tódolos días de 17:00 h. a 20:00 h.;
- Música e danza tradicional, animación de rúa e novo circo, tódolos días a partir das 19:00 h..
- Exposición “Oleiros de Buño”.
- Exposición de carteis de tódalas mostras.
- Esposición de Pintura “De colores”. Pilar Pastoriza.
- Exposición de Pintura ao Oleo (Asociación de Amas de Casa de Malpica e Aula de Pintura de Corme)
- Stands de venda dos oleiros na Carpa con Exhibicións dun oleiro no torno, tódolos días de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h.
- Ecomuseo do Forno do Forte, aberto de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.
Actividades paralelas
- Venres 2 de agosto de 2013: Xornada inaugural.
- 17.00 h. IX Encontros de música e danza tradicional con A.C. Carcaxía, A.C. Raigañas e A.C. Malante.
- 18.00 h. Acto oficial de inauguración.
- 18.30 h. Visita ás dependencias da Mostra da Olería. - Sábado 3 de agosto de 2013: Olería e tradición.
- 11.00 h. Carga do forno (Ecomuseo Forno do Forte).
- 15.00 h. Prendido do forno (Ecomuseo Forno do Forte).
- 19.00 h. Kanbahiota. Vaia Circo!
- 21.00 h. Festa da Carroa e actuación de Fol de Veneno (Ecomuseo Forno do Forte). - Domingo 4 de agosto de 2013: Olería e tradición.
- 10.00 h. Ruta da Olería.
- 11.00 h. Descarga do forno.
- 19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Malante. - Luns 5 de agosto de 2013.
- 19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Raices Combinadas. - Martes 6 de agosto de 2013: Os nenos na olería.
- 17.00 h. Concurso de modelado e xogos para nenos/as.
- 19.00 h. Entrega de premios e agasallos a gañadores/as e participantes. - Mércores 7 de agosto de 2013.
- 11.00 h. Visita da Ludoteca Infantil ó Ecomuseo “Forno do Forte”.
- 11.30 h. Visita da Ludoteca Infantil á Mostra da Olería (Avisar Monitores/as do barro).
- 19.00 h. Os Sete Magníficos Máis Un. A Historia de Brancafror. - Xoves 8 de agosto de 2013.
- 19.00 h. Isla LeTrisca. Inmóbile. - Venres 9 de agosto de 2013.
- 19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Carcaxía. - Sábado 10 de agosto de 2013.
- 19.00 h. Circo Chosco. Chosco Voando! - Domingo 11 de agosto de 2013: Xornada de Clausura.
- 18.00 h. Trofeo Mostra Olería de Futbol: Malpica S.C.D. – U.D. Cerqueda – Buño S.D. (Campo de Futbol de Xaviña).
- 19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Raigañas.
- 19.45 h. Sorteo de lote de pezas.
- 20.00 h. Acto de clausura da XXX Mostra da Olería de Buño.
Novas relacionadas
- Os oleiros multiplícanse por Malpica.
- De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño.
- A olería de Buño e as atadoras de Corme amosan a tradición costeira a toda Galicia.
- Un oleiro en perigo de extinción.
- As Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- 2012: O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño.
- Mostra 2010: Unha Mostra de relevo.
- Mostra 2008: Unha semana enteira de barro en Buño.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).