Xurxo Souto trae os seus Contos do Mar de Irlanda a Bergantiños
Medre o Mar!
Ese é o berro de Xurxo Souto, a voz máis viva do Bravú galego, que fai que o mar de Monte Alto se expanda ata os cantís de Bergantiños. E o fai para acoller unha triple presentación do seu libro, “Contos do Mar de Irlanda”, facendo que as historias do Gran Sol chegen ata a nosa Costa da Morte.
Souto estará en Corme, Malpica e mais Carballo os vindeiros venres 28, sábado 29 e domingo 30 respectivamente.
I é que como conta o propio Xurxo, “Os mariñeiros desta ribeira transformaron co seu traballo a auga do Gran Sol no mar dos galegos. Bautizaron caladoiros e armaron festa a eito nas súas recaladas polos portos irlandeses de Bantry, Valentia, Dingle e Castletón”.
Así, neste libro, entre outras historias, nárranse as farturentas mareas de Serafín Mourelle da Rúa (natural de Corme) e o malpicán José Carrillo. Patróns pioneiros nas descubertas dos caladoiros de Porcupine, volcán submarino situado ao oeste de Irlanda.
Velaí as recaladas desta ruta:
- Xoves 28, Corme: Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte (ás 20 horas), coa participación do patrón Serafín Mourelle.
- Sábado 29, Malpica: Casa do Pescador (ás 20.30 horas), coa participación do patrón José Carrillo, e da xornalista Selina Otero.
- Domingo 30, Carballo: Praza das Letras (ás 12.30 horas), coa participación da poeta muxiá Rosalía Fernández Rial.
Non faltedes que ademais, todas as resentacións inclúen unha sesión de acordeón do bo de Xurxo Souto.
Novas literarias
- Carballo volve facer da cultura alimento na Praza dos Libros.
- Rafael Lema comezou no Mosteiro de Ozón a súa promoción do novo Catálogo de Naufraxios.
- Carballo publicou un libro cos seus exitosos Contos de taberna.
- Os libros encheron Cee de literatura costeira.
- Unha por Mourelle da Rúa.
- Suso Lista e Suso Bahamonde seguen expandindo os seus libros.
- A ceense María Canosa protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- II Premio de Poesía López Abente.
- E Rosalía premiou a Pondal.
- Aprender creando con mestres da casa como Suso Bahamonde.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- Rafael Lema e Concha Blanco, dos costeiros para un curso da USC en clave feminina.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).